CAMPAÑA
A Laracha premia a fidelidade co comercio de proximidade
Sorteadas experiencias culturais, turísticas e gastronómicas

O alcalde, á esquerda, presidiu o sorteo das experiencias. / C. Laracha
A Laracha sorteou os regalos da terceira edición do programa Agasalla comercio local, ten premio, a iniciativa impulsada polo Concello co triplo obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de facer as compras no comercio de proximidade, atraer e fidelizar á clientela e subvencionar as compras dos cidadáns.
No sorteo participaron todos os clientes dos establecementos adheridos que depositaron durante as últimas semanas as súas tarxetas rasca e gaña non premiadas nas urnas habilitadas nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.
As persoas agraciadas son Irene Vilariño Martínez, que gozará dunha experiencia cultural (estancia dunha noite en hotel en Madrid e dúas entradas para asistir ao espectáculo El Rey León); Noelia Cambón Morales, agraciada cunha experiencia turística (estancia de dúas noites para dúas persoas con acceso a spa no Augusta Eco Wellness Resort de Sanxenxo); e Alejandro Amado Villaverde, premiado cunha experiencia gastronómica (cea/comida para dúas persoas).
O Concello contactará cos agraciados para proceder á entrega dos premios nun acto previsto para este venres.
Durante o mes de decembro e ata o remate do Nadal en todos os establecementos adheridos repartíronse aos clientes unha tarxeta por cada dez euros de compra, cun total de 15.000 euros. Delas, 1.500 contiñan premios directos de dez euros -para un total de 15.000 euros en bonos achegados polo Concello- para descontar nas compras, ademais dos agasallos doados polos propios establecementos participantes. As tarxetas non premiadas tiveron a oportunidade de participar no referido sorteo.
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Nueva subida del Tambre y reunión vecinal ante los desperfectos en los históricos molinos de A Ponte Maceira
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- Carlos Cuerpo sitúa a Galicia en la “ventana de oportunidad” del nuevo ciclo económico
- Voto de confianza al alcalde de Negreira para arreglar los ruinosos molinos de A Ponte Maceira