Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PLENO

A Laracha reforza o servizo de loita contra a soidade non desexada

A Corporación aprobou o reparto dos 118.354 € do POS+ Adicional

Pleno extraordinario da Corporación da Laracha.

Pleno extraordinario da Corporación da Laracha. / Cedida

A Laracha

A Corporación da Laracha acordou destinar os 118.354,15 euros do POS+ Adicional 2026 a gasto corrente e investimentos.

Dese total, 96.372,54 € permitirán ampliar a dotación do fondo de emerxencia social, cubrir parte da achega municipal ao servizo de axuda no fogar e financiar programas de carácter social como A memoria da Laracha dirixido á prevención da soidade non desexada, Educa en positivo que é complementario de educación e apoio familiar e A Laracha acolle de alfabetización para persoas inmigrantes.

Asemade, o Concello elaborará estudos sobre o benestar emocional e a saúde mental da infancia e a adolescencia, e de diagnose sobre a soidade non desexada, incluíndo a programación de actividades para abordar dita problemática.

No apartado de investimentos, 21.981,61 € destinaranse á adquisición de equipamentos informáticos e mobiliario. O alcalde, José Manuel López, considera que os fondos van a «programas que atenden a cuestións relativas á xuventude e a un apartado potente como o da soidade non desexada».

A portavoz do PSOE, Inés Ramos, criticou que se vaian gastar, «21.000 € dos fondos de carácter social na compra de mesas e cadeiras». Considera que é «unha forma perversa de gastar fondos públicos».

Tracking Pixel Contents