PLENO
Malpica mantén o servizo de fisioterapia a domicilio
O Concello destinará a tal fin unha parte do POS+ Adicional

Casa consistorial de Malpica. / Cedida
A Corporación de Malpica aprobou o reparto dos 64.535,6 euros do POS + Adicional 1/2026, para facer fronte aos gastos sociais extraordinarios. A proposta saíu adiante cos votos a favor do PP e as abstencións do PSOE, BNG, e AIM.
O Concello destinará 23.000 euros para a ampliación das axudas de emerxencia e atención ás necesidades sociais das unidades de convivencia en risco de exclusión social; 8.987,63 euros para a creación ou ampliación do Servizo de Axuda no Fogar en servizos específicos, como comida sobre rodas, Xantar na Casa e lavandería; 16.000 euros destinados á creación ou ampliación de servizos complementarios, mantendo un ano máis a aposta polo servizo de fisioterapia a domicilio.
Por outra banda, 9.250 euros serán destinados a programas de respiro e conciliación familiar, e 7.300 euros para outras medidas extraordinarias que os servizos sociais consideren urxentes e imprescindibles para atender a persoas especialmente vulnerables.
Desde o Concello destácase que este reparto responde a "criterios de equidade e equilibrio, permitindo mellorar a cobertura dos servizos sociais municipais e contribuíndo ao benestar dos veciños e veciñas".
- Lunes de borrasca y lluvias intensas en Galicia... pero con el anticiclón en el horizonte
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- Aviso a los conductores: una calle del centro de Santiago permanecerá cortada al tráfico durante 24 horas
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Conflicto de buses en Santiago: 'Se non hai avances poderiamos levar a asamblea a reactivación da folga