Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MOBILIDADE

O PP de Carballo propón un plan para mellorar a seguridade viaria

Rubén Lorenzo di que o problema "é a falta de vontade política"

O PP propón, entre outras medidas, repintar os pasos de peóns.

O PP propón, entre outras medidas, repintar os pasos de peóns. / PP

Carballo

O PP de Carballo presentou unha moción para abordar «de maneira inmediata a preocupante situación da seguridade viaria, tras anos de deterioro en pasos de peóns, semáforos e rúas sen beirarrúas que afectan directamente á vida diaria de milleiros de veciños e veciñas».

A iniciativa chega nun contexto no que se teñen producido varios atropelos en pasos de peóns, especialmente en vías principais como a rúa Perú, os accesos ao Centro Comercial Bergantiños ou, nos últimos anos, na recta de Rus. «A cidadanía leva tempo alertando da falta de visibilidade, da ausencia de mantemento e da inseguridade crecente nos cruces máis transitados», sinalan.

Segundo o portavoz do PP, Rubén Lorenzo, a moción inclúe un «paquete de medidas concretas, asumibles e perfectamente financiables».

Así, demandan un plan urxente de repintado de pasos de peóns, unha auditoría da rede semafórica, un sistema permanente de mantemento preventivo, mellorar a iluminación viaria, ampliar e construir novas beirarrúas e reorientar a política de mobilidade.

Lorenzo asegura ademais que «hai orzamento, o problema é a falta de vontade política». Sinala que os orzamentos 2026 xa recollen 127.500 € para seguridade viaria e máis de 3 M€ para vías públicas.

Tracking Pixel Contents