Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arzúa homenaxea as vítimas da ditadura franquista

No acto, que terá lugar este venres ás 19.30 horas na Casa dos Correos, recordarase as cinco persoas asasinadas no municipio

Anxos García, activista cultural, docente e filóloga galega, participará no acto.

Anxos García, activista cultural, docente e filóloga galega, participará no acto. / Cedida

Arzúa

Arzúa erguerá a voz este venres pola celebración da homenaxe ás vítimas da ditadura franquista, que terá lugar na Casa de Correos ás 19.30 horas. No acto, organizado por Emisoras Municipais Galegas coa colaboración do Concello de Arzúa, daráselle lectura aos nomes das cinco persoas asasinadas no municipio nos días posteriores ao golpe de estado de xullo de 1936, e falarase tamén de José Fidalgo, veciño nado na Castañeda e morto no campo de exterminio nazi de Gusen, así como dos 34 veciños e veciñas que sofriron xuízos, encarcelacións ou tiveron que escapar ao estranxeiro para salvar as súas vidas.

No encontro presentarase a banda deseñada A morte nas fragas, unha novela gráfica con guión de Anxos García Fonte e con debuxos de Carlos Sardiña que afonda nas pescudas de dúas vítimas da represión e da resistencia que se viviu na zona das Fragas do Eume, coincidindo coa construción da central hidroeléctrica no río.

Ademais de Anxos García e Carlos Sardiña, tamén participará na homenaxe Henrique Sanfiz. O acto será presentado por Armando Cascón, director de Radio Arzúa.

Tracking Pixel Contents