O PSOE de Muxía acusa o alcalde de mentir en Fitur coa promoción dun evento que nunca se celebrou
O alcalde explica que Percibe Muxía non se puido organizar por falta de financiamento

O alcalde de Muxía, Javier Sar, e a tenente de alcalde, Sandra Vilela, presentando o proxecto 'Percibe Muxía' o ano pasado en Fitur. / Cedida
O portavoz municipal do PSOE de Muxía, Iago Toba, acusou o alcalde, o popular Javier Sar, de promocionar o ano pasado na feira internacional de turismo Fitur, en Madrid, un evento que nunca chegaría a celebrarse, denominado Percibe Muxía.
Os socialistas critican que este programa "consistía unicamente un folleto sen nada detrás: non existían nin data, nin programa, nin actividades, nin ubicación, nin financiamento, nin acordos co sector percebeiro ou co turístico".
"O suposto evento nunca se chegou a realizar, nunca se deu explicación nin se pediu desculpas por parte do Goberno ao conxunto da veciñanza", indican os socialistas.
Toba dixo que "non é máis que un engano ao sector turístico nacional e internacional, que causa desprestixio ao nome de Muxía, ás suas xentes e ao sector turístico local".
Pola súa banda, en declaracións a este xornal, o alcalde dixo que o evento, que estaba previsto celebrar a través do GALP, "non se puido levar finalmente a cabo por falta de financiamento".
"Tiña un orzamento duns 50.000 euros, e cando o presentamos en Fitur non sabiamos que o Concello ía estar sometido pouco despois a un plan económico-financeiro que nos impediría destinar fondos a ese proxecto", explicou Sar.
Ao respecto, Iago Toba dixo que o Concello perdeu a axuda para ese proxecto "porque non atendeu nin contestou o requirimento de documentación realizado".
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover