Carballo fusiona música e literatura nunha biblioteca co Curruncho Pop
Cada mes presentarase no Rego da Balsa un libro cun concerto
Artistas de varios estilos acompañarán os escritores Jordy Pujol, Javier Márquez, Carlos Rego e Esther Zecco

Ángeles Pacoret e Daniel Pérez, co cartel do Curruncho Pop. / Cedida
A Biblioteca Rego da Balsa, de Carballo, abrirá o vindeiro sábado 24 de xaneiro o Curruncho Pop, que fusiona música e literatura en base a un programa que foi presentado polo alcalde, Daniel Pérez, e a concelleira de Bibliotecas, Ángeles Pacoret.
A primera xornada, a do sábado 24 ás 20.00 horas, será só musical e estará protagonizada por Fernando Rubio, guitarrista e compositor, que leva editados cinco discos que mesturan música negra, folk e pop psicodélico.
Presentará o seu último traballo, Luzzy, gravado en directo no Festival de Jazz de Cartaxena, e estará acompañado por dous dos Inner Demons: o guitarrista Joaquín Talismán e o percusionista Paco del Cerro.
O sábado 21 de febreiro, ás 19.30 horas, presentarase o libro Caballos salvajes. Gram Parsons (1968-1973), de Jordi Puyol Nadal. Pablo Leira, Ramón Saleta, Joki, Marcos Montoto e Gabrulo acompañarán musicalmente este acto xunto a Ismael Cabaleiro (Malabesta) ao violín e Lucía Pernas interpretando a Emylou Harris, compañeira de Parsons.
Temas de Kriss Kristofferson ou Willie Nelson
O sábado 21 de marzo, ás 19.30 horas, terá lugar a presentación do libro Los forajidos de la música country, de Javier Márquez Sánchez, na que soarán temas de artistas como Kriss Kristofferson, Waylon Jenings e Willie Nelson, coñecidos no seu momento como os outlaws da música country (denominación coa que chegaron a gravar un par de discos), da man da banda Honky Tonk Heroes, creada especialmente para a ocasión por Hendrik Röever, Óscar Avendaño, Ramón Saleta, Joki e Rubén Suárez, cantante e compositor nos The Family Folks.
Un libro dedicado a Bibiano, integrante de Voces Ceibes
O sábado 16 de maio, tamén ás 19.30 horas, a Biblioteca Rego da Balsa acollerá a presentación do libro Bibiano, cambiar para ser un mesmo, de Carlos Rego. Bibiano foi un persoeiro poliédrico dentro da música: foi cantautor e integrante de Voces Ceibes e gravou un primeiro disco producido por Alain Milhaud, o produtor de Los Bravos, entre outros.
Despois de editar tres discos deixou a música como intérprete, pero non se apartou dela, xa que foi o fundador da Escola de Música Contemporánea de Vigo, tivo unha grande promotora de concertos e abriu a mítica sala viguesa Kremlin.
Para tocar as súas cancións estará no Curruncho Pop Alfonso Espiño, acompañado nesta ocasión polo guitarrista Xoán Piñón, que participou na gravación do disco Alcabre e foi fundador do grupo de folk Doa.
Homenaxe a Maryní Callejo, compositora que ‘guiou’ a Massiel e Fórmula V
O sábado 25 de abril, ás 19.30, presentarase no Curruncho Pop o libro Conversaciones con Maryní, de Esther Zecco. Maryní Callejo é unha muller totalmente descoñecida para o grande público e, sen embargo, foi a produtora e directora musical de destacados grupos e cantantes.
Ela guiou os primeiros pasos de Los Brincos, Los Relámpagos, Massiel ou Fórmula V; fixo arreglos do tema Un beso y una flor que inmortalizou Nino Bravo; e traballou como directora musical con Mari Trini ou Paloma San Basilio.
Por problemas de saúde non poderá estar en Carballo. Espiño Band, un grupo de Santiago liderado por Alfonso Espiño, fará un percorrido polos temas producidos por Maryní ao longo da súa carreira.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro