Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames recibe 214.000 € para a gratuidade das escolas infantís

Trátase dunha axuda da Xunta coa que tamén se financiarán os gastos de funcionamento dos centros O Bosque e A Madalena

Sesión musical nunha das escolas infantís municipais amesás.

Sesión musical nunha das escolas infantís municipais amesás. / CEDIDA

Ames

O Concello de Ames vén de recibir unha axuda de 214.348,79 euros da Xunta de Galicia para o funcionamento e a gratuidade da atención educativa das escolas infantís municipais do Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro.

En concreto, a subvención outorgada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica contempla dúas liñas: unha de 84.000 euros para gastos de mantemento das escolas infantís de 0 a 3 anos e outra de algo máis de 130.000 euros para a gratuidade da educación infantil nas escolas municipais.

Así, tanto O Bosque como A Madalena aplicarán directamente a todos os beneficiarios un desconto do 100% no custo da matrícula, e será a Xunta a que aboe o custo do servizo educativo.

A axuda non inclúe o importe do servizo de comedor nin as actividades extraescolares que supoñan un custo adicional cuantificable para a escola infantil.

Tracking Pixel Contents