Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Jacobo Paz recolle en Negreira o premio de poesía Ardeiro

O autor coruñés recibe 2.500 euros e a edición da obra ‘Kensington'

A compostelá Isabel Mancebo foi finalista

De esquerda a dereita, José Antonio Ponte Fer, Jacobo Paz, Manuel Ángel Leis, Isabel Mancebo e Anxo Lorenzo, no acto de entrega do galardón

De esquerda a dereita, José Antonio Ponte Fer, Jacobo Paz, Manuel Ángel Leis, Isabel Mancebo e Anxo Lorenzo, no acto de entrega do galardón / CEDIDA

Negreira

O poeta coruñés Jacobo Paz Limia recolleu o venres o primeiro premio do Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro, que convoca o Concello de Negreira coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura.

Na súa décimo cuarta edición, o xurado do certame decidiu galardoar o poemario Kensington, de Paz Limia, mentres que a compostelá Isabel Mancebo Portela resultou finalista coa obra presentada baixo o título Cartografía miúda.

O acto de entrega dos galardóns celebrouse no auditorio Afonso Eanes do Cotón, coa asistencia do alcalde negreirés, Manuel Ángel Leis, e do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Tamén contou coa presenza do xurado, presidido por José Antonio Ponte Far e integrado por María Rey, Diana Varela e Xulio López Valcárcel.

Leis entregoulle ao gañador un premio económico de 2.500 euros e a edición de 300 exemplares do seu poemario a través da editorial Medulia. Pola súa banda, Mancebo recibiu un premio de 500 euros.

A nota musical da noite puxérona os rapaces e rapazas do grupo de violíns da escola municipal de música de Negreira.

Ao certame presentáronse 60 poemarios, dos que o xurado resaltou a súa gran calidade.

Tracking Pixel Contents