Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MASCOTAS

Buscan a Chispa, unha setter inglés, desaparecida en Cee

Foi vista por última vez o domingo pola zona de Xallas

Chispa desapareceu da súa casa de Ameixenda, en Cee.

Chispa desapareceu da súa casa de Ameixenda, en Cee. / Cedida

Cee

O Concello de Cee informa da desaparición de Chispa, unha cadela de raza setter inglés, de Ameixenda. Os seus donos apelan á colaboración cidadá para tentar de localizala.

Chispa leva colar co seu nome e número de contacto.

Chispa leva colar co seu nome e número de contacto. / Cedida

Chispa, de cor marrón e branca, foi vista por última vez o domingo ás 23.00 horas, pola zona de Xallas. Trátase dun animal moi activo ao que lle gusta o monte, polo que non se descarta que poida atoparse noutras zonas próximas, como Pereiriña, Lires, Fisterra ou Muxía.

Chispa ten dez anos e é moita activa.

Chispa ten dez anos e é moita activa. / Cedida

Leva colar co seu nome e número de contacto: 687 716 572. "É unha cadela moi dócil, aínda que asustadiza. Pregamos a colaboración da veciñanza. Se alguén ten información ou a localiza, rogamos que contacte co número indicado ou a través do Instagram @markinho_derisas", subliñan.

Tracking Pixel Contents