Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INICIATIVA

Invitación oficial ao papa León XIV para que visite Fisterra en 2027

O alcalde, Luis Insua, remitiu o convite a través do Arzobispado de Santiago

Luis Insua amosando a invitación presentada no Arzobispado de Santiago.

Luis Insua amosando a invitación presentada no Arzobispado de Santiago. / Cedida

Fisterra

O alcalde fisterrán, Luis Insua, a través do Arzobispado de Santiago, fixo chegar unha invitación formal ao papa León XIV para que "poida achegarse a Fisterra, con motivo da súa previsible visita á Catedral, durante o ano 2027, Ano Santo Xacobeo".

O rexedor asegura que "son varios os motivos para a visita a Fisterra". Así, subliña a "vinculación secular do noso Concello coa tradición Xacobea, recollida no Códice Calixtino" e o feito de que "somos quilómetro cero da ruta xacobea".

Lembra ademais que hai "cartas emitidas ao papa Martín V sobre os peregrinos que viñan a Santa María de Fisterra" e na bula papal de Benedicto XIII ofrecíanse "indulxencias aos cristiáns que visitasen a igrexa parroquial de Santa María de Finibusterre".

Tracking Pixel Contents