Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XORNADA

O GALP Costa da Morte dá a coñecer a nova liña de axudas en Buño

Á cita están convocados empresarios, confrarías e concellos

Guillermo González, xerente do GALP Costa da Morte.

Guillermo González, xerente do GALP Costa da Morte. / Cedida

Malpica

O GALP Costa da Morte organiza o martes, día 20, unha xornada informativa sobre as axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo no marco do Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura 2021-2027, correspondentes ao ano 2026.

A xornada, que terá lugar na sede do GALP en Buño (Malpica) de 17.00 a 19.00 horas, está dirixida a toda empresa, autónomo, asociación, confraría de pescadores, concellos e entidades interesadas en obter información desta liña de axudas ou que estean pensando en solicitar unha subvención nesta convocatoria.

O equipo técnico presentará a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Costa da Morte, e ofrecerá información sobre liñas de apoio e axudas , así como requisitos e novidades respecto das convocatorias anteriores.

As axudas están dirixidas a proxectos que valoricen o territorio, creen emprego, e fomenten a participación de mulleres e mocidade como relevo xeracional en actividades do sector pesqueiro ou ligadas ao territorio, fomentando a economía azul , a creación de emprego e actividade económica, a posta en valor dos produtos do mar e o impulso do aproveitamento do patrimonio cultural e medioambiental.

Tracking Pixel Contents