Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CIENCIA

Premian dúas estudantes do IES de Zas por un vídeo sobre o ADN

Laura Ferreiro e Leticia Vázquez tiveron o apoio da profesora Cecilia Folla

Laura Ferreiro e Leticia Vázquez, premiadas polo seu vídeo sobre o ADN.

Laura Ferreiro e Leticia Vázquez, premiadas polo seu vídeo sobre o ADN. / Cedida

Zas

As alumnas do IES Maximino Romero de Baio (Zas) Laura Ferreiro e Leticia Vázquez, que cursan 4º da ESO, coordinadas pola profesora de Bioloxía, Cecilia Folla, veñen de ser galardoadas co quinto premio do concurso Petiscos de Ciencia 2025, polo seu vídeo ADN á vista.

O certame está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago (USC), e os premios entregaranse nun acto público, cuxa data aínda está por determinar. Dende a dirección do instituto expresaron os seus «parabéns ás alumnas e á súa profesora por achegarnos ao mundo da ciencia con esta magnífica explicación sobre o ADN». O vídeo premiado pode verse na ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=C2jFG70WlSc.

Petiscos de Ciencia é unha iniciativa dirixida ao alumnado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma.

Os participantes neste certame científico elaboraron vídeos en galego de entre 30 e 90 segundos, inéditos e orixinais, todos eles cun enfoque divulgativo e con diversas temáticas relacionadas co mundo da ciencia.

Tracking Pixel Contents