EDUCACIÓN
Reiteran a petición de reunión ao conselleiro de Educación para reformar o CEIP de Baio
Alcalde, ANPA e dirección do centro lembran que xa se prometeu hai 2 anos

O alcalde de Zas con representantes da dirección e a ANPA do CEIP de Baio. / Cedida
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, a dirección e a ANPA do CEIP Labarta Pose, de Baio, reiteran a petición dunha reunión presencial co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para "confimar os prazos para o remate do proxecto e a licitación da obra de mellora do centro".
Consideran que o anuncio do conselleiro nos medios "é, unha vez máis, vendernos fume para que deixemos de facer presión mediática, xa que hai máis de dous anos que adquiriron o compromiso de levar a cabo a rehabilitación integral do colexio e seguimos no mesmo punto".
Lembran que a visita dos técnicos da Xunta para redactar o proxecto realizouse xa no ano 2023, e consideran que "desde aquela houbo tempo suficiente para ter redactado o proxecto e publicar a licitación".
Aseguran ademais que "non imos parar ata que teñamos un compromiso por escrito dos prazos de licitación da obra".
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro