HOMENAXE
Mazaricos lembra a Che de Pedro e outros represaliados polo franquismo
José Esperante foi asasinado en 1963 cando defendía os montes veciñais

Marcelino Esperante, esquerda, Che de Pedro, centro, e Andrés Alvite. / Cedida
O local social de Eirón, en Mazaricos, acollerá o sábado, día 24, os actos do V Día da Loita da Veciñanza Comuneira, un encontro de memoria, xustiza e dignidade, non que se renderá unha nova homenaxe a José Esperante París, Che de Pedro e outros represaliados polo franquismo, como Marcelino Esperante Antelo e Andrés Alvite Santos, durante a loita contra a usurpación dos montes veciñais.
José Esperante, Che de Pedro, foi asasinado en 1963 durante a loita veciñal polo monte comunal. O tráxico suceso tivo lugar cando as forzas de seguridade franquista abriron fogo contra a veciñanza que protestaba contra as expropiacións no contexto da repoboación forzosa do monte.

Un dos actos de homenaxe a Che de Pedro en anos pasados en Mazaricos. / Cedida
Houbo ademais varios feridos e algunhas das persoas que participaron das protestas foron condenadas a penas de prisión.
O acto está organizado polo Instituto Galego de Terras Comunitarias, coa colaboración da Organización Galega de Comunidades de Montes e o Concello de Mazaricos.
Comezará ás 11.00 horas co faladoiro Repoboacións forestais e conflictividade social na ditadura franquista, a cargo do profesor da Facultade de Xeografía e Historia da USC Eduardo Rico Boquete.
Posteriormente, os asistentes desprazaranse ata a Braña da Gatiñeira, nos Montes de Eirón, onde, se celebrará a homenaxe e unha ofrenda floral diante do monumento a Che de Pedro. Lembrarán a todas as persoas represaliadas por defender as terras veciñais. A artista local Yas Deluaces interpretará o Himno Galego.
Os actos concluirán cun xantar de confraternidade en Casa Pego (Antes – Mazaricos). As persoas interesadas deben reservar praza chamando ao número 679 233474 ou 629 690113. O custo é de 30 euros.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro