Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TURISMO

Costa da Morte: artesanía, emoción, natureza, historia e cultura en Fitur

Camariñas presentou o cartel da XXV Mostra do Encaixe

O delegado do Goberno, con alcaldes, concelleiros e profesionais do turismo en Fitur

O delegado do Goberno, con alcaldes, concelleiros e profesionais do turismo en Fitur / Cedida

Vimianzo

A Costa da Morte é unha das grandes protagonistas na xornada inaugural da Feira Internacional de Turismo (Fitur), de Madrid.

Alí, o Concello de Camariñas deu a coñecer o cartel da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 1 ao 5 de abril baixo o lema Onde o fío se converte en arte.

Proxectouse tamén o vídeo que funcionará como eixo central da estratexia turística para este novo ano e que supón unha acción máis dentro da campaña E ti... Encaixas no paraíso?

O delegado do Goberno coa alcaldesa, concelleiras e a directora da Mostra do Encaixe.

O delegado do Goberno coa alcaldesa, concelleiras e a directora da Mostra do Encaixe. / Cedida

A alcaldesa, Sandra Insua, afirmou que "a deste ano é a campaña turística máis impactante que levamos a cabo desde o Concello, porque Camariñas non só é arte no encaixe, tamén é arte esculpido pola natureza", destacou.

Cartel promocional da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas.

Cartel promocional da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas. / Cedida

Sobre o cartel da Mostra, que representa o mapa de Galicia tecido con encaixe de Camariñas, indicou que “estamos ante unha data histórica, xa van trinta e cinco anos convertindo ao noso pobo na capital galega e nacional da moda en cada Semana Santa". "O cartel é unha homenaxe preciosa ás mans que forxaron e forxan a nosa identidade", expresou.

Vimianzo, a túa conquista

Pola súa banda, o Concello vimiancés presentou a campaña Vimianzo. Comeza a túa conquista, unha peza audiovisual que ten como obxectivo posicionar o municipio como punto estratéxico e enclave privilexiado desde o que descubrir a Costa da Morte.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou que "Vimianzo é un lugar para chegar, quedar e desde o cal comezar a descubrir todo o que pode ofrecernos a Costa da Morte. Queremos que quen nos visite sinta que este é o seu campamento base, un espazo acolledor desde o que conquistar a nosa comarca con tempo para gozar do que realmente importa”.

Cee, un destino que se sinte

Tamén presentaron as súas campañas Cee e Dumbría. A alcaldesa ceense, Margarita Lamela, presentou o seu concello como un destino que vai máis aló da visita e entra no terreo das emocións.

Cee: ¿Y si la felicidad fuera un destino?

Concello de Cee

A nova identidade visual do destino, que ten como lema Cee, muy cerca, muy tuyo, foi construida a partir da memoria colectiva e dunha maneira moi particular de entender a vida, porque "Cee non e só un destino, é unha experiencia que se vive, se recorda e se queda", afirmou a rexedora.

Lembrou ademais que Cee é destino Starlight, "onde a noite se converte en espectáculo e a Vía Láctea envolve ao visitante dende a praia de Estorde. E é maxia, a do mar de ardora, cando o océano se ilumina e non fan falta palabras".

A alcaldesa de Cee, Margot Lamela, esquerda, e a concelleira Luisa Rodríguez, á dereita, en Fitur.

A alcaldesa de Cee, Margot Lamela, esquerda, e a concelleira Luisa Rodríguez, á dereita, en Fitur. / Cedida

Pola súa banda, o rexedor dumbriés, Raúl González, deu a coñecer o espectáculo audiovisual nocturno que se estreou no verán na fervenza do Ézaro.

Unha experiencia inmersiva de luz e son que pon en valor unha enclave excepcional: a fervenza máis grande de Europa que desemboca directamente no mar, nun entorno granítico único.

Turismo sostible e de calidade

Nos actos participou tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou que a Costa da Morte é un destino turístico que fusiona historia, natureza e cultura "dun xeito propio e diferenciado que fai que o visitante marche pensando xa en volver".

Puxo en valor o modelo turístico da comarca, "que se constrúe a diario consolidando un turismo sostible, de calidade e con acento propio".

Tracking Pixel Contents