LITERATURA
'Eu, Monstro', a novela de Guadalupe Vázquez que aborda a transfobia
Invita a celebrar a diversidade e construír pontes de amor

Guadalupe Vázquez coa súa nova novela 'Eu, Monstro'. / Cedida
A escritora e profesora ceense Guadalupe Vázquez Formoso vén de publicar a novela Eu, Monstro, na que aborda o tema da transfobia, "unha realidade que algúns rapaces e rapazas enfrontan no seu día a día, a miúdo con dor e soidade", afirma.
O obxectivo da autora non é tan só amosar as dificultades e a inxustiza que sofren as persoas transxénero, senón tamén resaltar "a súa valentía e capacidade para atopar a felicidade e autenticidade nun mundo que ás veces parece empeñado en negar a identidade de cada un", subliña.
Eu, Monstro é ademais unha invitación a "celebrar a diversidade e construír pontes de amor pero, sobre todo, de respecto".
A novela, publicada pola editorial Toxosoutos, xa está dispoñible en librarías, está pensada para adolescentes, "pero tamén para todos nós e, moi especialmente, para todas esas persoas que se senten, ou se sentiron algunha vez, monstros, sen selo".
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro