EDUCACIÓN
O PSOE cualifica de «lamentable» o estado actual do colexio de Zas
Patricia Iglesias reclama á Xunta unha reforma integral

A deputada Patricia Iglesias presentou unha iniciativa parlamentaria. / PSOE
O PSOE denunciou no Parlamento o «estado lamentable» do CPI de Zas e rexistrou unha iniciativa parlamentaria para esixir solucións. A deputada Patricia Iglesias mantivo reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial, quen lle trasladou as reivindicacións da ANPA. Aseguran que o centro «ten goteiras e humidades».
«Os que somos nais e pais non queremos que os nosos nenos e nenas vaian a un colexio nun estado lamentable», sinala a deputada socialista.
Lembra que o PP rexeitou as emendas presentadas polos socialistas para engadir investimentos en Zas nos orzamentos da Xunta para 2026, e indica que, ademais do CPI de Zas, o CEIP Labarta Pose, de Baio, tamén presenta numerosas deficiencias nas instalacións.
"Non queremos parches"
Por iso, o PSOE rexistrou no Parlamento unha iniciativa na que reclama á Xunta de Galicia, en concreto á Consellería de Educación, «que dunha vez por todas atenda a necesidade de que se faga unha reforma integral do CPI de Zas».
Patricia Iglesias sinala que «non queremos parches, queremos que a Xunta de Galicia colla o touro polos cornos, que ten o orzamento necesario, e que faga esa reforma integral que vén reclamando desde fai moitos anos a comunidade educativa de Zas», conclúe a deputada socialista.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado