Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XORNADAS

O sector agrogandeiro galego produce o 42% do leite que se obtén en España

Un foro avalía na EFA Fonteboa de Coristanco a situación actual

Balseiros, esquerda, García, Combarro e Luis García na EFA Fonteboa.

Balseiros, esquerda, García, Combarro e Luis García na EFA Fonteboa. / X. G.

Coristanco

O quinto Foro Empresarial Lácteo botou a andar este mércores na EFA Fonteboa, de Coristanco, co fin de facer unha análise interna, dos factores externos e da sostibilidade do sector. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, inaugurou o encontro, xunto co alcalde, Juan Carlos García, e o director da EFA, Luis García.

Balseiros destacou o potencial do lácteo dentro do sector agrogandeiro galego cunha produción que representa o 42% do leite que se obtén en España.

Ademais, explicou as liñas de apoio ao sector agrogandeiro en Galicia, entres as que salientou as destinadas a plans de mellora nas explotacións, as de incorporación de mozos ou as de transformación e comercialización de produtos agrarios, das cales aproximadamente o 40% se destinan a industrias do sector lácteo.

Recortes de fondos PAC

Pola súa banda, o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, participou nun coloquio sobre a PAC dentro do Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 da Comisión Europea, no que trasladou o rexeitamento á proposta, por supoñer un recorte de fondos.

Na primeira xornada participaron tamén José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, quen avaliou o sector lácteo como vertebrador do rural galego; José Manuel Fix, veterinario e empresario, quen fixo unha análise interna da granxa; e Jesús Combarro, director de Abanca Agro, quen analizou a situación financeira das granxas de leite de Galicia.

Tracking Pixel Contents