FITUR
Costa da Morte reivindicase como destino auténtico e sostible
Aposta por un modelo no que paisaxe, patrimonio e xentes van da man

Representantes políticos e profesionais do turismo de Costa da Morte en Fitur / Cedida
Costa da Morte: donde la tierra habla y el cielo responde. Con este lema se presentó el geodestino en Fitur, nun acto que reuniu a representantes institucionais e profesionais do sector no stand de Galicia.
José Manuel López, presidente da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), puxo en valor o xeodestino como un territorio auténtico e con identidade propia. "Apostamos por un modelo de turismo respectuoso e sostible, onde a paisaxe, o patrimonio e as persoas van da man”.

Margot Lamela, esda., Xosé Regueira, Xosé Merelles e Xosé Manuel López, en Fitur. / Cedida
Destacou que esa identidade non é un concepto abstracto, senón algo que se constrúe cada día a través da relación das persoas co territorio, da súa historia, da súa cultura e da súa forma de vivir e expresarse. Unha identidade que se percibe na forza da paisaxe, no seu patrimonio, na tradición mariñeira, na gastronomía, na hospitalidade e tamén na maneira de falar e de contar o territorio.
Un destino sen maquillaxe
A campaña, afirmou López Varela, "aposta por amosar a Costa da Morte tal e como é, sen maquillaxe nin artificios, cun relato propio e diferenciado dentro do mapa turístico galego e estatal".
O vídeo promocional percorre distintos espazos emblemáticos da Costa da Morte e reflicte o territorio desde unha ollada honesta e próxima: coa forza da súa paisaxe, coa súa diversidade natural e patrimonial e, especialmente, coa voz real da súa xente.
Voces vencelladas ao territorio
Incorpora as intervencións de veciños e profesionais vencellados ao territorio como os xornalistas Josiño Mira e Fran Rodríguez; Tania, técnica de Cultura de Zas; e Virxinia, da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, cuxas voces aportan autenticidade e reforzan a idea de que a identidade cultural tamén reside na maneira de falar, de sentir e de vivir o territorio.
López Varela agradeceu o apoio continuado de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña, destacando o papel fundamental que ambas institucións teñen desempeñado desde a creación da CMAT para consolidar un proxecto común baseado na calidade, na identidade e na sostibilidade
Xosé Manuel Merelles destacou a calidade das accións promocionais da Costa da Morte para situarse nun lugar destacado no turismo galego, e Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, puxo en valor ás súas xentes e subliñou que "a xente que vén ao destino repite pola experiencia recibida".
Presentación dunha guía
O acto complementouse coa presentación do libro A Costa da Morte. Naturalmente única, a cargo de Pepe Formoso, vogal da CMAT e presidente da APTCM, que recolle e pon en valor a singularidade natural, cultural e paisaxística do territorio.
A Costa da Morte reafirmou así en Madrid o seu posicionamento como "un destino que non busca parecerse a outros, senón proxectar con orgullo o que sempre foi: un territorio vivo, habitado e profundamente auténtico, cunha voz propia que hoxe soa con máis forza ca nunca", afirman dende a CMAT.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda