Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Escritura creativa e terapéutica con Marta Seoane en Carballo

Impartirá durante tres meses o obradoiro 'Inventando mundos'

O obradoiro será impartido pola escritora Marta Seoane Pazos.

O obradoiro será impartido pola escritora Marta Seoane Pazos. / Cedida

Carballo

A escritura creativa, ademais de ser terapéutica, é a mellor forma de liberar a imaxinación creando historias. E iso é o que propón a Biblioteca Agra de Campos, de Carballo, co obradoiro Inventando mundos, que impartirá a escritora Marta Seoane Pazos ao longo de tres meses.

O taller vai dirixido a persoas maiores de 16 anos, e celebrarase os sábados 7, 21 e 28 de febreiro, 7, 14 e 28 de marzo, e 11, 18 e 25 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, na propia biblioteca. Desde o concepto de escritura creativa ata a estrutura dunha historia, as persoas participantes abordarán con Marta Seoane todos os pasos do proceso creativo.

"Escribir é máis que un xeito de comunicarnos; é a mellor forma de expresar os nosos pensamentos, sentimentos e vivencias", subliñan dende o Concello carballés, que convida a quen queira ser parte desa experiencia a inscribrse en carballo.gal/axenda. As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas empadroadas en Carballo.

Tracking Pixel Contents