PROMOCIÓN
A Gran Vía de Madrid vístese con encaixe de Camariñas
A pasarela da Mostra levou a moda de Claudina Mata á capital de España

Campaña promocional de Camariñas na contorna do Palacio Real, en Madrid. / Cedida
Para contribuír á promoción turística, e aproveitando a presenza en Fitur, o Concello camariñán abriu unha ventá ao epicentro do paraíso en Camariñas, a zona de Trece-Reira-Vilán, en pleno centro de Madrid, a través de insercións publicitarias nas grandes pantallas dixitais do Teatro Lope de Vega, en plena Gran Vía, e onde se representa o coñecido musical do Rei León.

Moda con encaixes de Camariñas na terraza do Hotel Riu de Madrid. / Cedida
A campaña inclúe un vídeo de dez segundos no que, baixo o lema Camariñas Sorprende poden verse as imaxes máis espectaculares do spot turístico do Concello para 2026 e, como imaxe fixa, o lema Camariñas, Costa da Morte.
"Os milleiros de persoas que día a día pasean pola Gran Vía poderán facer un primeiro achegamento ao paraíso que temos en Camariñas", explicou a alcaldesa, Sandra Insua.

Deseños de moda con encaixe de Claudina Mata no centro de Madrid. / Cedida
O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, xunto á Mostra do Encaixe, para atraer un maior número de visitantes ao longo de todo o ano. "Os resultados dos últimos anos foron moi bos e por iso repetimos", afirmou a rexedora.
Sesión fotográfica
Por outra banda, o Concello quixo levar este ano a pasarela da Mostra do Encaixe á capital de España. Programou unha sesión fotográfica en diferentes puntos do centro de Madrid, como a azotea do Hotel RIU Plaza España, cunhas incribles vistas panorámicas da capital, a Gran Vía e os arredores do Palacio Real.

Promoción de Camariñas nas pantallas do Teatro Lope de Vega. / Cedida
Os deseños escollidos para a ocasión pertencen á colección que a deseñadora granadina Claudina Mata presentou nos desfiles de Camariñas do pasado ano.
"O obxectivo desta acción é amosar, en pleno centro de Madrid, a modernidade e o toque distintivo que o encaixe aporta ás prendas creadas polos deseñadores máis destacados do país", subliñou a alcaldesa.
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Nueva subida del Tambre y reunión vecinal ante los desperfectos en los históricos molinos de A Ponte Maceira
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- Carlos Cuerpo sitúa a Galicia en la “ventana de oportunidad” del nuevo ciclo económico
- Voto de confianza al alcalde de Negreira para arreglar los ruinosos molinos de A Ponte Maceira