Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VISITA

Paula Prado reafirma en Muxía o apoio do PP ao sector pesqueiro

Esixe ao Goberno «non máis sobresaltos» coa norma europea de control da pesca

Paula Prado, á dereita, co patrón maior, esquerda, e representantes do PP en Muxía.

Paula Prado, á dereita, co patrón maior, esquerda, e representantes do PP en Muxía. / PP

Muxía

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reiterou en Muxía o apoio ás demandas do sector da pesca de flexibilizar os controis europeos, fronte á «incoherencia» do PSOE e o «oportunismo» do BNG. «Somos o Partido da Pesca, e nunca imos deixar tirados aos nosos mariñeiros».

Prado estivo acompañada pola tenente de alcalde, Sandra Vilela, e mantivo un encontro co patrón maior, Daniel Castro.

«Pedímoslle ao Goberno de Sánchez que reaccionara e que aplicara a norma europea respecto ao control da pesca dun xeito que non afogara aos pescadores. E vimos que a flexibilización era posible, só era cuestión de vontade política», sinalou.

Ao Goberno central esixille «non máis sobresaltos» con este asunto, xa que a «incerteza e a tensión» xerada ao sector do mar foi «gratuíta, innecesaria e totalmente evitable». No PPdeG, engadiu «defendemos ao sector pesqueiro. Votamos sempre a favor da xente do mar da Costa da Morte e de toda Galicia».

Pola súa banda, a tenente de alcalde e portavoz do PP en Muxía, Sanda Vilela subliñou que «o Partido Popular sempre estivo o lado dos mariñeiros e do sector». Ademais, puxo en valor a pesca artesanal, subliñando que «forma parte da nosa identidade e pelexaremos para que sobreviva».

Tracking Pixel Contents