CONFERENCIA
Ángel Carracedo achega o proxecto ‘Xenoma Galicia’ a Carballo
A cita é o xoves 29 e está organizada polo Instituto de Estudos Bergantiñáns

Ángel Carracedo, doutor e catedrático de Medicina Legal da USC. / Antonio Hernández
O Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB) programou para o día 29 de xaneiro, ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo, unha conferencia do doutor e catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo, baixo o título Proxecto Xenoma Galicia.
O presidente do IEB, Xan Fernández, asegura que con esta conferencia, «ademais de difundir a ciencia, a nosa entidade pretende mostrar tamén o apoio ao loable traballo que desempeñan os científicos, tan necesario para a mellora da calidade de vida da sociedade, en moitos dos casos, en condicións precarias e con pouco recoñecemento, cando estes eruditos deberían ser os líderes e referentes da sociedade actual».
Angel Carracedo, engade, «é dos investigadores que mellor encarna os valores dos científicos: traballo, discreción e constancia; pero ademais desenvolve un encomiable labor de divulgación científica, imprescindible para transmitir a importancia da ciencia á poboación escolar e adulta, a través das súas amenas charlas».
Lembra ademais as raíces de Carracedo en Bergantiños, «xa que o seu avó paterno era da parroquia carballesa de Rus».
Presentará o acto a filóloga Lucinda Andrade Cives e a presentación do conferenciante correrá a cargo do historiador Luis A. Giadás Álvarez.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros