PRESENTACIÓN
Cultura con Forza en Carballo: teatro, cinema, danza, música e fotografías
Vinte e cinco propostas para gozar ata o mes de xuño

Jacobo Sutil, Daniel Pérez e Maruxa Suárez presentando o programa. / Moncho Fuentes
Teatro, cinema, danza, fotografía, exposicións e o concerto Voces e pegadas de Rosalía de Castro, de AmancioPrada, conforman este ano o programa Cultura con Forza do Concello de Carballo, que inclúe 25 propostas ata o mes de xuño.
O pano erguerase o 6 de febrero, ás 21.00 horas, coa estrea absoluta de Territorio regueifa, unha coprodución do FIOT con Ainé e o Centro Dramático. Once das funcións programadas forman parte do circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios, segundo sinalou Jacobo Sutil, director das Industrias Culturais, no acto de presentación presidido polo alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez.
Espectáculos teatrais e artes en movemento
Ademais da referida estrea, a Carballo chegará tamén Memorias dun neno labrego, do Centro Dramático Galego e Contraproducións (21 febreiro), no marco do ciclo Venres Culturais. Na carteleira teatral destacan Iribarne, de ButacaZero (28 de febreiro), Vitória, de Iria Pinheiro (6 de marzo), O proceso, de Malasombra ( 13 de marzo); A penúltima, de Carlos Blanco (20 de marzo); O dragón de ouro, de Sarabela Teatro (27 de marzo); Voa, voa!, de Talía Teatro (1 de marzo); e Bulebule, de Os Náufragos Teatro (29 de marzo).
As propostas de artes inclúen Cicatriz, de Kirenia Danza (17 de abril); Alén, de Colectivo Glovo (día 24); BenQuerer, Fran Sieira báilalle a Caamaño & Ameixeiras, de Fran Sieira Cía (día 26); e El verbo (día 30), do andaluz Daniel Doña.
As entradas están á venda na web billeteira.carballo.gal.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro