Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONVOCATORIA

Premios para os cinco mellores estudantes do IES Fernando Blanco

Trátase dunha tradición recuperada que se instaurou no 1886

Instituto Fernando Blanco, de Cee

Instituto Fernando Blanco, de Cee / Cedida

Cee

A Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee e o I.E.S. ao que dá nome convocaron a XV Edición do Premios Académicos do curso 2025-2026.

Unha iniciativa que ten un dobre obxectivo: recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e cualificacións do alumnado do centenario instituto ceense, e recuperar unha tradición histórica da entidade, posto que xa no Regulamento orixinal de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso.

Diploma que dende finais do século XIX entregábanse no instituto ceense.

Diploma que dende finais do século XIX entregábanse no instituto ceense. / Cedida

Ao longo das edicións anteriores foron agasallados un total de 70 alumnos do centro. Ao igual que en edicións pasadas, premiarase a cinco dos mellores expedientes académicos de 1º de F.P. Básica; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior.

Cada un dos premios está valorado en 500 euros (280 € en metálico e 220 € en vales de compra a consumir en algúns dos establecementos colaboradores). Ademais, o alumnado premiado recibirá un diploma conmemorativo.

Os estudantes que opten a estes galardóns deberán ter todas as materias aprobadas no mes de xuño, cunha nota media mínima de 8,5. As bases completas atópanse dispoñibles na web do museo: http://museofernandoblanco.org/premios-academicos-fernando-blanco-2025-2026/.

Tracking Pixel Contents