Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACTO

Santiago Llovo recolle nun libro 300 anos de historia das salgaduras de Corcubión

A conselleira do Mar e o alcalde presidiron a presentación da súa obra

Jacobo Bermejo, editor, esquerda, Santiago Llovo, Marta Villaverde e Javier Domínguez.

Jacobo Bermejo, editor, esquerda, Santiago Llovo, Marta Villaverde e Javier Domínguez. / X. G.

Corcubión

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o alcalde, Javier Domínguez, presidiron o acto de presentación do libro Corcubión, a súa historia salgada, unha nova publicación de Santiago Llovo, na que este investigador, divulgador e escritor recolle a historia que representou nesta vila da Costa da Morte a actividade empresarial vinculada ás fábricas de sardiña ao longo dos anos e, que en palabras de Villaverde, representa "a Galicia Calidade da nosa cultura mariñeira".

A obra de investigación de Santiago Llovo está baseada na memoria colectiva que permite identificar orixes, propietarios, embarcacións, infraestruturas ou produtos comercializados entre outros elementos identitarios deste patrimonio mariñeiro desenvolvido na beiramar fisterrá e que xa foi integrado e recoñecido na Lei do patrimonio cultural de Galicia como ben arquitectónico e, no ámbito do Patrimonio Nacional, como arquitectura de tipo tradicional marítima.

Marta Villaverde e Santiago Llovo na presentación en Corcubión.

Marta Villaverde e Santiago Llovo na presentación en Corcubión. / X. G.

Un traballo co que o autor, apuntou a conselleira, "devolve ao mar de Galicia a fortaleza, e ás nosas vilas a autoestima do pasado, do presente e do futuro".

Llovo contou coa colaboración da Asociación Galega do Patrimonio Industrial-BUXA, o que lle permitiu plasmar a realidade dos últimos 300 anos de historia de salgaduras e madeiras. "Un labor investigador excepcional que xa forma parte da literatura que versa sobre o mar, as súas xentes e o seus costumes", concluíu Marta Villaverde.

Tracking Pixel Contents