Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FITUR 2026

Val do Dubra, un lugar para camiñar ao ritmo dos ríos

Val do Dubra ofrece a posibilidade de gozar da natureza nunha contorna verde e chea de vida, acompañada polo son de ríos e fervenzas.

O alcalde dubrés Diego Díaz

O alcalde dubrés Diego Díaz / CEDIDA

Santiago

Situado no corazón da provincia da Coruña, destaca polos seus roteiros de sendeirismo, que atravesan bosques de gran diversidade natural e se combinan con elementos do patrimonio histórico e etnográfico.

Na súa presenza en Fitur, o Val do Dubra puxo o foco neste conxunto de rutas sinalizadas, que ofrece un amplo abano de posibilidades en función da duración e a dificultade do percorrido.

Entre elas destaca a Ruta da Fervenza do Rexedoiro, o sendeiro máis completo e representativo do concello. O seu principal atractivo é a fervenza do Rexedoiro, situada nun entorno de gran valor paisaxístico rodeado de bosques autóctonos, prados e zonas ribeiregas.

Dentro desta, hai outras rutas non contempladas, como a do río Dubra. Este itinerario circular, de baixa dificultade, segue durante boa parte do seu trazado o curso do río nun entorno sombreado por amieiros, freixos e salgueiros.

Outra opción é a Ruta das Carballeiras, que permite gozar dunha das masas de carballos máis representativas do concello desde a área recreativa de Bembibre. Ademais, achega ao visitante a restos do patrimonio local, como as ruínas da ermida de San Xoán Bautista.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

En cambio a Ruta de Remuíño, permite contemplar a natureza de Portomouro e percorre a antiga central hidroeléctrica, o sendeiro tradicional do Remuíño e o Castelo de Portomeiro

Tracking Pixel Contents