Vedra, unha parada obrigatoria do Camiño de Santiago de Inverno
O Concello amosou en Fitur os seus variados atractivos turísticos, entre os que destacan paraxes naturais como a do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, xunto co concelleiro de Turismo, Manuel Costa, en Fitur. / Cedida
O Concello de Vedra está presente en Fitur no stand de Galicia, onde amosou aos visitantes folletos con información turística con diferentes imaxes dalgúns dos recursos máis destacados entre as súas fronteiras, como a contorna do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, que ocupan un lugar preferente dentro da marca Galicia Calidade.
Así mesmo, o alcalde e membro da xunta directiva da AMCI, Carlos Martínez, presentou O Camiño de Santiago de Inverno, que ven dende Ponferrada atravesando as comarcas do Bierzo, Valdeorras, Ribeira Sacra, Deza e o Ulla, en representación de todos os municipios que o conforma.
Na súa intervención, o rexedor describiu este itinerario que pasa por Vedra como "un testimonio vivo de la historia común de los municipios por los que discurre, una vía de intercambio de conocimiento y valores; y un motor importante para el desarrollo de nuestros pueblos y sus habitantes".
Por outra banda e xunto ao concelleiro de turismo, Manuel Costa, participaron na presentación da Ruta do Queixo da DOP Arzúa-Ulloa e da que o concello vedrés forma parte.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'