Polémica pola presentación de camisetas de fútbol con modelos subidos nun dolmen de Tordoia
Apatrigal pide respeto para o patrimonio histórico e un monumento funerario de hai miles de anos
A sociedade deportiva local retirou xa as polémicas imaxes das súas redes sociais

Imaxe difundida por Apatrigal para denunciar a sesión de fotos con modelos enrriba do dolmen de Tordoia / SD Tordoia
A Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego vén de levantar a voz despois de que un equipo de fútbol presentara o seu equipamento con xente subida a un dolmen en Tordoia.
"Non é un decorado", advirten dende a entidade que preside Carlos H. Fernández Coto, e explican que "os dolmens non son plataformas nin escenarios para sesións de fotos. Son monumentos funerarios con miles de anos de historia, extremadamente fráxiles, que chegaron ata nós grazas ao respecto de xeracións enteiras". Por i so, advirten que "subirse enriba deles, camiñar sobre as lousas ou utilizalos como fondo publicitario supón unha falta de respecto ao noso patrimonio común e contribúe directamente ao seu deterioro". Ademais, cren que "transmite á xente nova a idea de que este comportamento é algo normal".
Conservación
A conservación, ao seu xuizo, non depende só das institucións, senón tamén "da conciencia e responsabilidade de quen os visita… ou mesmo de quen os utiliza para promocionar un novo equipamento de roupa dun equipo de fútbol". E rematan advertindo que "se queremos que sigan aí mañá, temos que empezar por baixar deles hoxe".
Pola súa banda, a SD Tordoia retirou xa as polémicas imaxes das súas redes.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover