Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SORTEO

Un lingote de ouro como premio á fidelidade ao comercio de Ponteceso

O alcalde asegura que haberá novas campañas este ano

O alcalde entregando o lingote de ouro á gañadora, no centro.

O alcalde entregando o lingote de ouro á gañadora, no centro. / Cedida

Ponteceso

O Concello pontecesán puxo o broche á campaña de comercio O Nadal chega a Ponteceso entre versos, luz e maxia coa entrega do gran premio desta edición: un lingote de ouro valorado en, aproximadamente, 1.500 euros.

O alcalde, José Manuel Mato, felicitou á gañadora do galardón e destacou que se trata “dun premio á fidelidade e ao compromiso desta veciña co tecido económico local”.

Ante a excelente acollida da iniciativa, tanto entre a veciñanza como entre os establecementos participantes, o rexedor anunciou que haberá novas convocatorias ao longo deste ano.

Un cento de comercios

A campaña, que estivo en marcha durante todo o mes de decembro e ata o 5 de xaneiro, contou cun cento de comercios adheridos. Durante este período, a clientela recibiu un pasaporte que debía completar con seis selos de establecementos diferentes, obtendo un distintivo por cada compra superior a cinco euros. Os pasaportes completos participaron nun gran sorteo no que se repartiron bicicletas, tablets e o lingote de ouro.

José Manuel Mato valorou moi positivamente os resultados obtidos e subliñou a elevada implicación dos comerciantes, "sen cuxo esforzo e dedicación non sería posible pór en marcha unha iniciativa destas características". Así mesmo, avanzou que o Concello xa está a traballar nas edicións de 2026, que se desenvolverán nos meses de maio e decembro.

Tracking Pixel Contents