LABORAL
O comité de Xeal pide a mediación da Xunta para desbloquear o convenio colectivo
Os representantes dos traballadores din que levan un ano negociando

O comité de empresa solicitou unha entrevista con responsables de Industria. / Cedida
O comité de Xeal, das factorías e centrais de Cee e Dumbría, solicitou unha reunión con responsables da Conselleira de Industria para trasladarlle as súas "inquedanzas e para que coñeza de primeira man a realidade laboral interna, tratando de mediar na búsqueda dunha solución que favoreza aos traballadores, á empresa e, por ende, á comarca", afirman.
Desde principios do ano pasado, sinalan, a representación social e Xeal (Energo-Pro) veñen negociando o segundo convenio colectivo e, "tras un ano de reunións, as negociacións atópanse bloqueadas, sen avances reais pola falta de vontade efectiva por parte da dirección para alcanzar un acordo que recoñeza o esforzo e a implicación da plantilla".
Recortes sociais e laborais
"Tras uns anos de perdida de dereitos sociais e poder adquisitivo, a empresa insiste na sua proposta de recortes sociais e laborais", engaden. A pesares de proxectar unha imaxe de crecemento, modernización e futuro, subliñan, "a realidade laboral presenta sombras que non se poden ignorar".
O comité de empresa asegura que, desde o ano 2019 ata a actualidade, a empresa levou a cabo "unha redución de persoal fixo de máis de 84 persoas. Só entre os anos 2021 e 2025, rexistrouse unha perda de máis de 49 postos de traballo directos".
Sinalan que as últimas contratacións limítanse, na súa totalidade, a cubrir ausencias derivadas de ITs ou vacacións sen abordar o problema estrutural da falta de persoal. "Esta disminución da plantilla acadouse a base dunha maior carga de traballo para o persoal que permanece na empresa baixo mínimos e cunha progresiva perda das condicións laborais", subliñan.
Consideran que "non é aceptable que unha compañía que recibe e xestiona importantes fondos e concesións públicas, que diversifica a súa producción obtendo importantes beneficios, manteña bloqueada a negociación do convenio colectivo e non dea resposta ás necesidades da súa plantilla", conlúen.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover