SANIDADE
O PSOE denuncia a redución da atención médica no centro de saúde de Buño
Aseguran que agora só hai dúas horas de consulta diarias

Centro de saúde de Buño, en Malpica de Bergantiños. / Cedida
O PSOE de Malpica denuncia que no centro médico de Buño reduciuse o servizo de medicina de familia, "segundo diversas queixas de usuarios e usuarias". Así, sinalan que actualmente a atención préstase unicamente de 9.00 a 11.00 horas, "en contraste co horario habitual que era de 8.00 a 14.00 horas".
Ademais, sinalan, non se están asignando citas con máis dun mes de antelación e as urxencias derívanse aos hospitais, "dado que no PAC de Carballo, o servizo de Urxencias non comeza ata as 15.30 horas.
Falta de compromiso
Os socialistas denuncian "a falta de compromiso, tanto por parte da Xunta coma dos gobernantes do noso concello" e anuncian que emprenderán varias accións co fin de que se restableza o servizo médico coas mesmas condicións que antes.
Con tal fin presentarán unha moción no pleno do día 29 de xaneiro e, senón se restablece o servizo de medicina de familia, o PSdeG-PSOE presentará unha reclamación na Comisión de Sanidade. Ademais, engaden, "se tras 7 días de presentada a moción non se restablecen as consultas, proporemos á veciñanza realizar unha recollida de firmas de protesta".
Dende o PSOE lamentan "a discriminación do noso Concello" e aseguran que "sempre nos encontrarán de fronte contra o desmantelamento dos servizos básicos".
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro