SERVIZOS
Ponteceso abre as portas da terceira Casa do Maior na Campara
Súmase ás que xa están operativas na parroquia do Couto

O alcalde coa veciñanza na nova Casa do Maior da Campara. / Cedida
A nova Casa do Maior da Campara, en Ponteceso, xa é unha realidade. Esta mañá celebrouse unha xornada de portas abertas que contou cunha ampla participación veciñal, permitindo coñecer en primeira persoa o resultado das obras realizadas.
Ao acto asistiron o alcalde, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, xunto con numerosos veciños e veciñas da parroquia e contorna interesados en visitar as novas instalacións. Mesmo se achegou o párroco, Manuel García, que quixo coñecer de preto o novo servizo para as persoas maiores.
Axunda de 53.153 euros
A Casa do Maior da Campara convértese así na terceira deste tipo posta en marcha no municipio desde a chegada á alcaldía de José Manuel Mato, sumándose ás xa existentes no Couto. A actuación contou cunha axuda de 53.153 euros da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
Desde o Concello de Ponteceso agradecen "á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, o seu apoio a este tipo de iniciativas que reforzan os servizos sociais e contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas maiores".
Tal e como sinalou o rexedor, "trátase dun día importante para Ponteceso, no que damos un novo paso nas políticas municipais de benestar e envellecemento activo".
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Nueva subida del Tambre y reunión vecinal ante los desperfectos en los históricos molinos de A Ponte Maceira
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- Carlos Cuerpo sitúa a Galicia en la “ventana de oportunidad” del nuevo ciclo económico
- Voto de confianza al alcalde de Negreira para arreglar los ruinosos molinos de A Ponte Maceira