Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

Xornada de portas abertas no IES Agra de Raíces de Cee

Será o vindeiro luns, día 26, a partir das 18.30 horas

O director do IES Agra de Raíces, 4º esquerda, coa alcaldesa e exalumnos do centro.

O director do IES Agra de Raíces, 4º esquerda, coa alcaldesa e exalumnos do centro. / Cedida

Cee

O IES Agra de Raíces, de Cee, vai celebrar unha xornada de portas abertas o luns día 26 de xaneiro ás 18.15 horas, dirixida ao alumnado doutros centros da ESO que teñen interese en cursar estudos de bacharelato. Tamén poderán participar estudantes que desexen coñecer o instituto ou cursar estudos de Secundaria.

O programa de visitas comezará cunha recepción na Biblioteca Concha Blanco por parte do director, Manuel Antelo, e a orientadora, na que se informará dos estudos que se cursan, das actividades complementarias e extraescolares, dos servizos e das instalacións do instituto. A continuación farase unha visita polo centro.

Reserva de praza

A xornada de portas abertas faise con motivo da apertura do prazo de solicitude de reserva de praza para os centros adscritos: o CEIP do Pindo (Carnota), o CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, o CEIP Plurilingüe Vila de Cee, o CPR Ntra. Sra. del Carmen (Fisterra), o CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, o IES Fin do Camiño (Fisterra), o IES Lamas de Castelo (Carnota) e o IES Ramón Caamaño (Muxía).

O alumnado destes centros teñen dereito de reserva de praza no IES Agra de Raíces. A petición de reserva débese facer a través da aplicación web admisionalumnado da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O prazo está aberto ata o día 4 de febreiro.

Rematado o proceso de reserva de praza, abrirase o de admisión do 1 ao 20 de marzo, onde o alumnado pode pedir praza nun centro distinto ao que lle correspondería por mor da súa adscrición. As prazas que se ofertan son as vacantes sobrantes logo de feitas as reservas.

Tracking Pixel Contents