Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Concerto pola paz do Conservatorio de Música de Carballo

Será o mércores, Día Internacional pola Coexistencia Pacífica

Concerto de Nadal de alumnos do Conservatorio de Música de Carballo.

Concerto de Nadal de alumnos do Conservatorio de Música de Carballo. / CMUS

Carballo

O profesorado do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo ofrecerá o 28 de xaneiro, a partir das 19.00 horas, un concerto pola paz, xusto na xornada na que se celebra o Día Internacional pola Coexistencia Pacífica, decretado pola ONU por primeira vez co obxectivo de que se convirta nunha plataforma para reforzar a educación en dereitos humanos e promover iniciativas que preveñan o odio e a violencia.

No concerto actuarán Isaura Rey (frauta), Daniel Novo (saxofón), Alma Sarasola (trompa), Mari Paz Fernández (piano), Gloria Pardines (canto), Luis Currás (guitarra) e Isabel Diego (percusión), que ofrecerán un repertorio moi variado, dende tico tico ata fado. Tamén se sumarán dous grupos de alumnos de Cámara.

A entrada e libre e de balde ata completar o aforo do auditorio do Pazo da Cultura de Carballo.

Tracking Pixel Contents