CULTURA
Costa da Morte aloumiña a canteira de regueifeiros
Cento vinte mozos e mozas participan na liga escolar

Un dos obradoiros de regueifa do programa Enreguéifate. / Cedida
A Liga Escolar de Regueifa da Costa da Morte Norte (Soneira-Bergantiños) celebra a súa segunda edición do II Encontro Bergantiñán. Un evento que promove a posta en valor da cultura tradicional, e dá mostra da vitalidade e o bo acollemento que teñen entre a rapazada a improvisación oral, o baile, a música e as formas de expresión ancestrais.
Organizada polos institutos Pedra da Aguia (A Ponte do Porto), Isidro Parga Pondal e Alfredo Brañas (Carballo), coa colaboración dos concellos de Camariñas e Vimianzo, a xuntanza contará coa participación dos centros de secundaria de Ponteceso (Eduardo Pondal), Malpica (Urbano Lugrís) e Cabana de Bergantiños (As Revoltas).
Desafíos por equipos
Na primeira convocatoria, o 28 de xaneiro, 120 mozos e mozas reuniranse na Ponte do Porto para participar en xogos de regueifa, desafíos orais por equipos, mostras de baile e música e un obradoiro de baile acompañado por pandeireta e canto. Reporán forzas cun almorzo regueifeiro no cal colabora tamén o coñecido obradoiro artesán vimiancés panIgnacio.
Seleccionaranse tres finalistas regueifeiros por centro para a xornada de volta, que será na primeira semana de maio nun dos centros de Bergantiños. Neste segundo encontro, o baile e o canto tradicional serán os grandes protagonistas.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago