INFRAESTRUTURAS
O BNG demanda a mellora "urxente" do firme da autovía entre Carballo e A Coruña
Oscar Insua asegura que ten "fochancas e ducias de balsas de auga"

Autovía da Costa da Morte. / J. M. R.
O deputado do BNG, Oscar Insua, demandará no Parlamento unha mellora "con urxencia" do firme da autovía AG-55 entre Carballo e A Coruña.
Asegura que "parece unha pista de patinaxe os días que chove, ademais de ter tramos co firme en mal estado, a diferencia do que ocorre no novo tramo entre Carballo e Baio, no que o firme drena perfectamente a auga".
Insua sinala que "van 27 anos dende que se construíu e o firme presenta un estado lamentable, con numerosas fochancas e con ducias de balsas de auga", e subliña que "esta vía de 32 quilómetros conta con 51 curvas, varias delas moi perigosas en diferentes tramos".
Considera, ademais, que a autoestrada "precisa urxentemente a intervención da administración pública, porque é patente que a concesionaria non está a cumprir coas obrigas de mantemento da mesma, polo que é necesario que a Axencia Galega de Infraestruturas realice unha inspección global desta autovía para determinar as accións necesarias que resolvan e solucionen o mal estado que presenta o firme da mesma".
Eliminar a peaxe
O deputado nacionalista indica que "non podemos permitir seguir así ata o 2045, que é cando remata a concesión outorgada polo PP a esta empresa no ano 1995; hai que adoptar medidas urxentes para cambiar o firme da autovía, e mentres non o fagan eliminar a peaxe, porque o servizo non se ofrece coas condicións mínimas de seguridade, polo menos cando chove".
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro