Avogan por recuperar a Ruta Xacobea en Ventosa e gravar casas de Ames sen ocupar
Aseguran que os veciños da zona non recoñecen o actual trazado, que cruza a perigosa estrada AC-453
Solicitarán por moción que os inmobles desocupados teñan un IBI superior para facilitar a súa utilidade

Punto da estrada AC 453 polo que teñen que cruzar actualmente os peregrinos en Ventosa / BNG
O BNG de Ames vén de propor por moción recuperar o trazado do Camiño de Santiago ao su paso por Ventosa e aplicar un recargo no IBI ás vivendas desocupadas diante da carencia de inmobles.
Respecto da Ruta Xacobea, a voceira Escarlata Pampín sinala que «xa hai tempo que a veciñanza do lugar de Ventosa na parroquia de Covas, veñen poñendo de manifesto que o trazado actual do Camiño non coincide co percorrido tradicional que, segundo a memoria popular e testemuños de persoas maiores da parroquia, discorría por outro lugar diferente ao actual», indica.
E ao fío desta constatación, lembran o risco para as persoas que fan o Camiño a pé ao ter que atravesar a estrada AC-453, sen ningún paso de peóns nin ningunha outra medida que garanta a seguridade nunha zona de escasa visibilidade entre curvas.
«Dende o BNG, consideramos necesario que o Concello de Ames, en colaboración coa veciñanza, asociacións da zona e entidades relacionadas co Camiño, recompile información sobre o trazado histórico orixinal, valore a súa viabilidade como alternativa máis segura» e o sinale, acaba.
Recargos
E respecto da vivenda, o Bloque propón «que se entenda como vivenda desocupada aquela que permaneza nesta situación de forma continuada e sen causa xustificada por un prazo superior a dous anos e que pertenza a titulares de catro ou máis inmobles de uso residencial, tamén propoñemos quen non se aplique o recargo en casos de: traslado temporal por razóns laborais ou formativas, situación de dependencia ou saúde, vivendas obxecto de litixio, rehabilitación en curso, ou vivendas á venda (máximo 1 ano) ou alugueiro (máximo 6 meses) a prezos de mercado», segundo a concelleira nacionalista.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda