Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Muxía inaugura a segunda Casa do Maior en Senande

A veciñanza visitou as instalacións nunha xornada de portas abertas

O alcalde e concelleiras do goberno coa veciñanza na Casa do Maior de Senande.

O alcalde e concelleiras do goberno coa veciñanza na Casa do Maior de Senande. / Cedida

Muxía

O Concello de Muxía inaugurou cunha xornada de portas abertas a nova Casa do Maior, ubicada no lugar de Senande, na parroquia de Vilastose. Un novo espazo pensado para o coidado, o benestar e a convivencia das persoas maiores de sesenta anos.

No acto participaron o alcalde, Javier Sar; a tenente de alcalde, Sandra Vilela; e a concelleira de Política Social, Sofía López.

Os representantes do goberno municipal subliñaron que a Casa do Maior «nace para ofrecer atención próxima, acompañamento diario e un entorno familiar, mellorando a calidade de vida das nosas persoas maiores».

Agradeceron ademais á Xunta de Galicia «o financiamento deste servizo, que fai posible a súa posta en marcha». Pola súa banda, o Concello cedeu o local para que este proxecto sexa unha realidade.

Un modelo próximo e humano

«Trátase dun novo servizo para os nosos maiores e para o noso rural, que aposta por un modelo de atención próximo, humano e adaptado ás necesidades da veciñanza, permitindo ás persoas maiores permanecer no seu entorno habitual. Seguimos traballando por un concello que coida das persoas e do territorio», subliñaron os responsables municipais.

Esta é a segunda Casa do Maior do Concello de Muxía, que xa ten outra vivenda en funcionamento no lugar de Quintáns.

Tracking Pixel Contents