INFRAESTRUTURAS
'Ollo, bache!': Fochancas pintadas na estrada Agranzón - Senande, en Muxía
O BNG demanda un plan de mantemento de vías

Fochancas 'sinalizadas' para advertir aos condutores na estrada Agranzón - Senande. / BNG
O BNG de Muxía vén de realizar varias propostas para o plan de actuacións do POS 2026, logo de que a portavoz dos nacionalistas, Mercé Barrientos, mantivese un encontro co alcalde Javier Sar.
Solicita que se arranxe estrada de Agranzón a Senande, coa inclusión do vial a Agrodosío, "practicamente desfeito". Esta vía, que comunica a parroquia de San Martiño coas de Vilastose, Traxufre e Coucieiro, "ten un tráfico intenso e precisa dunha reparación urxente", subliña Barrientos.
Lembra que xa se aprobou a inclusión de diversas obras de mantemento das vías municipais no POS Adicional-4 de 2025, pero "dado o estado das cunetas e gabias, atascadas pola broza e os restos de polas, e a climatoloxía deste inverno, as vías están cheas de balsas de auga que provocan un rápido e importante deterioro do firme e resultan perigosas para os vehículos e tamén para os viandantes".

Un das fochancas da estrada de Agranzón a Senande. / BNG
Por iso, a portavoz do BNG asegura que "é imperativo afrontar canto antes un plan de mellora, roza das cunetas e limpeza de conducións, tubos e sumidoiros que garanta a conservación e seguridade nas estradas municipais".
Mercé Barrientos aproveitou para reclamar de novo que se liciten "canto antes" proxectos aprobados en pleno e que levan xa mais dun ano sen ser executados, como o pintado de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, así como incluír na sinalización horizontal os pasos de peóns, as zonas de estacionamento reservado para usuarios das farmacias, e prazas de carga e descarga que faciliten os traballos de aprovisionamento do comercio local.
A maiores, considera necesario acometer "proxectos fundamentais" como a dotación de auga potable nas parroquias; a instalación e reparación de depuradoras; a reparación de accesos e equipamentos de A Barreira de Leis, Lago, Area Maior ou Borreiros.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro