Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PROXECTO

Ágora Rural busca dende Laxe un modelo de desenvolvemento aberto

A plataforma pretende conectar persoas, proxectos e ideas

Directivas de Ágora Rural coa concelleira Raquel Lema, no centro.

Directivas de Ágora Rural coa concelleira Raquel Lema, no centro. / Cedida

Laxe

Ágora Rural é unha nova asociación sen ánimo de lucro que nace en Laxe co obxectivo de impulsar un modelo de desenvolvemento rural aberto, cooperativo e conectado co mundo, poñendo as persoas, a cultura e a comunidade no centro da transformación do territorio.

A entidade defínese como unha plataforma de conexión entre persoas, proxectos e ideas que xa está a traballar por un rural vivo, con futuro e con identidade propia. O seu enfoque combina cultura, dixitalización sostible, cooperación territorial e internacionalización desde o local, entendendo que o futuro constrúese tamén desde os lugares pequenos.

Vocación internacional

Traballa desde Galicia cunha vocación internacional, acompañando procesos de experimentación social, cultural, tecnolóxica e económica que permitan aos territorios despregar todo o seu potencial desde unha ollada rexenerativa.

A entidade, impulsada por persoas vencelladas ao territorio, xa comezou a tecer rede no ámbito local. O pasado sábado participou na reunión de asociacións do municipio, un primeiro espazo de escoita e encontro co tecido asociativo de Laxe. Ademais, este luns mantivo unha reunión coa concelleira de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, Raquel Lema Allo, para explorar posibles sinerxías e vías de colaboración.

Tracking Pixel Contents