O Club tixolas volve ao mercado de horta e artesanía de Ames
Esta actividade de balde para a cativada de 6 a 12 anos, desenvólvese o derradeiro sábado de cada mes
Desta volta, os pequenos prepararán tostas salgadas e doces

Un dos postos do mercado de horta e artesanía amesán. / Cedida
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado organízase unha nova sesión do Club tixolas, unha proposta para nenos e nenas de seis a doce anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes e que pretende achegar aos máis pequenos ao mundo culinario e a realizar receitas con produtos frescos de proximidade.
A actividade é de balde e realizarase de 11.30 a 13.00 horas no mercado de horta e artesanía, localizado na praza da Maía, en Bertamiráns. Para participar, hai que enviar un WhatsApp ao número de teléfono 667 665 705 indicando nome, apelidos e idade do menor xunto cun teléfono de contacto. Hai 30 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para inscribirse estará aberto ata o venres, día 30, ás 14.00 horas, ou ata que se cubran todas as prazas dispoñibles.
Nesta ocasión, cada cativo vai preparar catro tostas, dúas salgadas e dúas doces, con produtos frescos do propio mercado e que, posteriormente, levarán para a casa para poder degustar coa súa familia. A edil de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou que o Club da tixola basease en «crear un espazo lúdico para que os rapaces e rapazas poidan aprender e divertirse en torno á cociña e con outras actividades».
- Todo lo que tienes que saber sobre el Carnaval en Santiago: horarios, concursos, desfiles y más
- Gallinas en las aulas: el Entroido convierte una escuela infantil de A Pobra en una granja
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Juzgan a una agente bancaria de Monterroso (Lugo) por estafar 250.000 euros a sus familiares
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- Oportunidad en Santiago de Compostela: ático a menos de 200 metros de la Catedral
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida