INFRAESTRUTURAS
Demandan poñer fin ás inundacións dun tramo do Camiño en Cee
O BNG sinala que é unha obra de fácil execución e baixo custo

Auga correndo polo Camiño ao seu paso polo núcleo de Canosa, en Cee. / Cedida
O BNG de Cee vén de presentar un escrito no concello para que se remate co problema de inundacións nunha vía do interior de Canosa que afecta, ademais de a toda a veciñanza, ao Camiño de Fisterra a Muxía.
A auga que baixa do monte anega un tramo duns 100 metros «e fai case intrasitable o camiño para veciños e peregrinos, polo que solicitamos ao concello que acometa unha obra de fácil execución e baixo importe económico», afirma o portavoz nacionalista, Serxio Domínguez.
Di que xa trasladaran a solicitude ao persoal da Xunta encargado do Camiño «e recibimos como resposta que o ente non acomete obras en superficies con formigón, polo que tendo en conta que o tramo é moi frecuentado, cremos que o concello debe dar a solución axeitada». Ademais, o BNG pide que se limpen as cunetas por onde baixa a auga.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago