Uns 160 escolares participaron no concurso de debuxo da Feira Internacional de Apicultura de Lalín
David Liñares, promotor da feira xunto co Concello, achegou aos infantes a importancia das abellas, da biodiversidade e do coidado do medio ambiente
A entrega de premios será o 31 de xaneiro na inauguración do evento

Á esquerda, o concelleiro de Política Social, Avelino Souto, durante a charla de David Liñares no CEIP Xesús Golmar. / Cedida
Preto de 160 escolares de 4º de Primaria do CEIP Vicente Arias de la Maza, Xoaquín Loriga, Varela Buxán, Xesús Golmar, Manuel Rivero e o centro Scientia Lalín participaron na cuarta edición do concurso de debuxo da Feira Internacional de Apicultura de Lalín, Alvariza.
No certame, o alumnado presentou debuxos de temática apícola e estilo libre, dos cales se realizou unha preselección dos mellores traballos en cada colexio, resultando un total de 37 finalistas. Estes alumnos e alumnas finalistas serán convocados ao acto de entrega de premios, no que se distinguirán o primeiro, segundo e terceiro premio que terá lugar o vindeiro sábado 31 de xaneiro, durante a inauguración da Feira Internacional de Apicultura de Lalín, Alvariza, a partir das 12.00 horas.
O concurso foi complementado cun intenso labor divulgativo realizado por David Liñares, promotor de Alvariza xunto co concello lalinense, que percorreu persoalmente todos os centros participantes ofrecendo charlas explicativas sobre o mundo da apicultura, a importancia das abellas para o equilibrio dos ecosistemas, a protección da biodiversidade e o respecto polo medio natural.
Estas sesións tiveron tamén como obxectivo amosar á infancia que a apicultura é un sector con futuro e unha actividade da que se pode vivir, contribuíndo ao desenvolvemento do rural.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro