PUBLICACIÓN
A Real Academia Galega presenta a obra ‘Toponimia de Zas’, de Xosé María Lema
O acto terá lugar o 6 de febreiro no Auditorio de Baio

Xosé María Lema, autor da obra 'Toponimia de Zas'. / Cedida
A Real Academia Galega e o Concello zaense presentarán o 6 de febreiro, ás 20.00 horas, a obra Toponimia de Zas, de Xosé María Lema Suárez. O acto terá lugar no Auditorio de Baio.
Toponimia de Zas forma parte da colección Terra Nomeada da Asociación Galega de Onomástica da Real Academia Galega e afonda nas orixes etimolóxicas de 117 lugares e máis de 20 espazos xeográficos da comarca da Terra de Soneira, contribuíndo á preservación e difusión do patrimonio inmaterial do territorio.

Cartel promocional da presentación da obra 'Toponimia de Zas'. / Cedida
Lema Suárez é un autor moi vencellado ao Concello de Zas e é, xunto con Evaristo Domínguez, coautor do libro Zas polo Miúdo.
No acto intervirán, ademais do autor, o citado Evaristo Domínguez; o alcalde de Zas, Manuel Muíño; Antón Santamarina, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega; e Ana Boullón, da Asociación Galega de Onomástica.
O rexedor zaense, Manuel Muíño, destaca que «accións coma esta amosan o compromiso do Concello por promover a cultura galega e a posta en valor da nosa lingua».
Anima á veciñanza a participar neste acto e a «coñecer máis a fondo a historia e o significado dos nomes da nosa terra».
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro