A Estrada recupera un dos seus retablos máis icónicos
Trátase do situado na igrexa de San Tomé de Ancorados
O próximo venres organizarase unha misa cantada para estrear a súa nova imaxe

Estado actual do retablo maior da igrexa de San Tomé de Ancorados. / Cedida
Os veciños da parroquia estradense de San Tomé de Ancorados poderán asistir este venres á estrea das obras de restauración do retablo maior da súa igrexa parroquial, unha peza que vén de se recuperada en virtude do convenio acadado entre o Concello da Estrada, a Consellería de Cultura e a Arquidiocese de Santiago de Compostela.
O templo acollerá o venres unha misa cantada ás 19.00 horas, á que está prevista a asistencia do arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández; do conselleiro de Cultura, José López Campos; e do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, entre outros.
As obras de restauración deste retablo comezaron o pasado mes de agosto e foron desenvolvidas pola firma Artegal Restauraciones, cun orzamento que se situou por encima dos 50.000 euros e que foi asumido principalmente pola Xunta de Galicia, cunha achega por parte da Administración local.
O retablo de San Tomé é de estilo Barroco e foi construído arredor do ano 1750 polo compostelán Luis Parcero. Debido ao paso do tempo, o que topou o equipo de restauración foi un retablo en moi mal estado de conservación, con perda de elementos decorativos e un ataque grave de térmite. Ademais, partes da estrutura da peza estaban caídas, caso do lateral esquerdo do ático.

Imaxe do anterior estado do retablo. / Cedida
Os traballos realizados supuxeron unha recuperación completa da estrutura, cunha limpeza das policromías e unha correcta fixación. Deste modo, o que poderán ver agora os veciños é a recuperación da repolicromía que se efectuou sobre esta peza a comezos do século XX.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago