FESTIVAL
Elesky, artista invitada do Ponte Friki de Camariñas
Ofrecerá un concerto o día 14 de marzo na Ponte do Porto

Elesky actuará na Ponte do Porto o día 14 de marzo. / Cedida
A segunda edición de Ponte Friki, que se celebrará na Ponte do Porto (Camariñas) os días 14 e 15 de marzo, xa ten artista invitada: Elesky, que ofrecerá un concerto na xornada inaugural ás 17.30 horas.

Elesky, artista invitada a Ponte Friki 2026 / Cedida
Elesky é unha artista multifacética que conta cun gran número de seguidores nas súas redes sociais e actúa en escenarios de todo o mundo. Co seu piano interpreta emotivas bandas sonoras de videoxogos, cine e animes, o que a converteu nunha referencia no mundo da música e o entretemento.

Presentación del cartel Ponte Friki 2026. / Cedida
Este ano o Ponte Friki duplicará o aforo, xa que se engadirán dúas carpas máis ao pavillón polideportivo de Ponte do Porto.
O cartel promocional, obra da artista @gashadokuroz, foi elixido entre máis de vinte propostas.