Enreguéifate bate récords con corenta e oito centros educativos e 109 talleres
Este proxecto está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e da ESO e é impartido por referentes e profesionais da regueifa

Profesionais da regueifa co alumnado nun dos obradoiros. / Cedida
O proxecto Enreguéifate, baseado no uso da improvisación oral para impulsar a dinamización lingüística, bate récords e suma un total de 109 obradoiros escolares en 48 centros educativos dos seis concellos promotores da iniciativa: Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Estes encontros, dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e da ESO, están dinamizados por referentes e profesionais da regueifa co obxectivo de espertar no alumnado a curiosidade polos xéneros de improvisación oral en galego e construír espazos de socialización, expresión e comunidade na nosa lingua para a xente moza.
Baixo o lema Versos doutro universo, esta edición do Enreguéifate reforza o carácter expansivo, inclusivo e integrador da regueifa, como o demostra a recente adhesión do concello de Arzúa ao proxecto, ampliando así a rede de colaboración institucional arredor da creación oral en galego.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros