O BNG pídelle explicacións ao Estado polas «eivas» nas obras do Milladoiro
Os nacionalistas alegan que a actuación «non pode considerarse finalizada»

Estado actual da N-550 ao seu paso polo Milladoiro. / Cedida
En plena polémica polos resultados das obras de humanización do Milladoiro, dende o BNG, a través do deputado nacional Néstor Rego, presentaron varias preguntas ao Ministerio de Transportes con relación aos traballos, pois defenden que «atendendo ás evidentes deficiencias das obras executadas polo adxudicatario e polas que, por tanto, non pode considerarse a actuación como correctamente finalizada, deberán examinarse as accións necesarias para lograr un remate adecuado».
O grupo nacionalista destaca que estas actuacións, que superaron os catro millóns de euros de investimento, derivaron en «falta de medidas de seguridade para persoas con discapacidade, pasos de peóns e marquesiñas sen nivelar, carencias no axardinamento, acabados defectuosos, deficiencias na pintura de sinalización de pasos de peóns, falta de seguranza na colocación de semáforos e outros elementos verticais, pintura xa estragada, etcétera».
Uns problemas que hai uns días reflectían algúns dos veciños da contorna, e que se suman á escaseza de espazos de estacionamento, que derivou en que algúns condutores empregasen o carril bici. Cómpre lembrar que a propia administración municipal requiriulle ao Ministerio que solucione as deficiencias. Ademais, os operarios estarán rematando os «flecos» da obra ao longo do que queda de xaneiro.
Ante esta situación, Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames, sinala que «solicitamos coñecer que actuacións concretas emprenderá o Ministerio para corrixir os numerosos defectos detectados».
Os nacionalistas mesmo consideran que «pódese valorar a non devolución e, de ser o caso, executar a retención da garantía definitiva, mentres persistan defectos de execución imputables ao contratista e non teñan sido emendados conforme ás esixencias técnicas e contractuais».
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros